Cando nos volvemos ver

by Bule

/
  • Streaming + Download

    Purchasable with gift card

     

  • Record/Vinyl + Digital Album

    Edición en vinilo 7" do segundo EP de Bule

    Includes unlimited streaming of Cando nos volvemos ver via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    ships out within 1 day
    Purchasable with gift card

      €7 EUR or more 

     

1.
Bang Bang! 01:57
Pola noite á luz da lúa a morte vese mellor. Un estrondo pola rúa, recoñeces ese son. Mala sorte foi a túa, cometiches un error Confiarte nesas rúas onde as balas foxen do tambor. Bang Bang! Soan disparos. Bang Bang! No caleixón. Sangue pola beirarrúa, pólvora é o seu sabor. Outra vítima inxusta que a ninguén lle interesou. Entre bandas guerra sucia, non hai códigos de honor. Nada vale unha vida nestes guetos de marxinación. Sen nada que perder. Sen nada que gañar. Volverán outra vez. Volverán pra matar.
2.
Non se decataron, estando en Tiffanys, que o diamante era Audrey? Duelo a tres bandas contra o malo Lee Van Cleef. Dólares para Leone. Ou en Humphrey Bogard no papel de Rick? Lembro que choraba Ingrid. Traizón a Don Vitto, disparos en Mott Street. Sobran balas para Sonny. En Charada de quen te podes fiar? Despedida en Casablanca. Testemuña de cargo, desconfía ata o final de doce homes sen piedade para condenar. Na pantalla brillan forte, estrelas do celuloide. Todos eses intres no tempo se perderán, como bágoas na choiva.
3.
Sábado 02:23
Non sei, a que hora ou onde, tan só quero coincidir. Non sei, e se pasa hoxe? Que doado é decidir. Perder o control, velocidade. Non hai motivos polos que nos evitar. Sen mirar atrás … Porque é Sábado noite, mañá non penso madrugar. Sábado noite, quero estar dentro dos teus plans. Beber sen control, felicidade. A noite medra e teño ganas de chegar onde ti estás. Mirarnos sen falar Deixemos de finxir Como nos gusta estar así. Suma unha noite máis que vou detrás de ti. E non me quero despedir. Despedir de ti.
4.
Inverno 03:03
Luces de comercio que iluminan ao pasar, alguén agarda na estación ser recollida. Unha despedida con aperta nun portal, son siluetas nos cristais facéndose as durmidas. Negra sombra que te acompañará a cada paso que darás, presenza coñecida. Queda e núa, a xeada ficará nas paredes do teu fogar, sabas frías... Canción de inverno. Un de febreiro. Porque os beizos séguense a rachar na cara que reflectirá a túa alma. Entre roupa tirada naquela habitación, desorde e litros de alcohol trala porta pechada, atravesada pola dor. Quen mora no teu interior?

about

Gravado e mesturado en estudios "Garageland" de Marín en decembro de 2019

Masterizado en "North London Bomb Factory"

Desenho portada por Ben Thomas Design.

Editado por CGTH Records e Hold Your Ground Records

credits

released July 1, 2020

license

tags

about

Bule

Galiza


Bule é un proxecto no que rendir unha inconsciente homenaxe ao 40 aniversario do estoupido musical de 1977 e a todas aquelas bandas que formaron parte del.

Melodías contaxiosas, letras en galego e un montón de referencias cinematográficas, lúdicas e de experiencias vitais é o que podemos atopar nas súas cancións.
... more

contact / help

Contact Bule

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Bule, you may also like: